AS PAISAXES EN ESPAÑA E GALICIA
Nesta tarefa o alumnado de 5º Primaria desenvolverá contidos relacionados ca paisaxe en España; e para iso contarán con estas actividades para poder desenvolvelas de forma dinámica individualmente, para logo facer unha posta común ao final da clase.
Actividade 1:Que concepto tes sobre a paisaxe? E cales cres que son os diferentes tipos que pode haber de paisaxes?
Actividade 2: Defíne e pon un exemplo d os seguintes conceptos coa súa respectiva imaxe e relaciónaos:
Un exemplo de definición sería o seguinte: "Vertente: cada un dos lados pendentes dunha montaña que verten as augas en distinta dirección. En España hai tres grandes vertentes dunha montaña que verten en distinta dirección. Concretamente Galicia pertence as vertentes atlántica e cantábrica."
Meseta Montaña
Cordilleira Río Marisma
-SOLUCIONARIO-
AS PAISAXES EN ESPAÑA E GALICIA
Actividade 1: Que concepto tes sobre a paisaxe? E cales cres que son os diferentes tipos que pode haber de paisaxes?
Baixo o meu punto de vista unha paisaxe é unha extensión de terreo que se pode observar dende un punto de vista. Tendo en conta este concepto podemos atoparnos paisaxes como a marítima, a de interior, rural, etc.
Actividade 2: Defíne e pon un exemplo (de onde podemos atopar estes conceptos en Galicia ou España) os seguintes conceptos coa súa respectiva imaxe e relaciónaos:
Meseta: gran extensión de terreo chá que se sitúa a bastante altura sobre o nivel do mar. No caso de España hai a Meseta Central e ao redor dela organízase o relevo de España. Na Meseta hai dúas cadeas montañosas o Sistema Central e os Montes de Toledo.
Montaña: elevación relevante do terreo. A montaña máis alta de Galicia é a de Pena Trevinca, a cal se atopa no noroeste da provincia de Ourense.
Cordilleira: consiste nunha serie de montañas que forman todas xuntas unha gran unidade. As cordilleiras en España podémolas atopar no interior ou no interior da Meseta. Dentro da Meseta está o Sistema Central e os Montes de Toledo. Mentres que no exterior están os Montes Vascos e o Macizo Galaico, por exemplo.
Río: curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río. O río máis longo de Galicia é o río Miño e no caso de España é o río Ebro.
Marisma: terreo baixo que queda inundado cando sobe a marea e está sempre encharcado e cheo de lama. En Galicia está a marisma de Bao, que se atopa en Sanxenxo, na provincia de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario